
CasaMica

É unha casa rural no corazón de Ribeira Sacra, un lugar apracible para gozar da natureza en estado puro.
Casa Mica, é unha casa de labranza de pedra e madeira construída hai 350 anos e rehabilitada no ano 2000 respectando a súa estrutura orixinal, pero aberta á paisaxe con amplas ventás. Situada como un faro con impoñentes vistas ao río Miño e o seu canón e rodeada de viñas e un bosque autóctono de carballos, castiñeiros, madroños ,piñeiros e sobreiras entre outros.
É o lugar perfecto para relaxarse, observar a natureza que se prodiga xenerosamente, facer sendeirismo, piragüismo e no verán nadar.
É ideal para vacacións familiares, encontro con amigos ou xornadas de retiro ou aprendizaxe.
Casa Mica, atópase en Cabo de Vila, parroquia de Atan, concello de Ferreira de Pantón, provincia de Lugo, non é un lugar de paso, hai que chegar para namorarse da paraxe. É imprescindible contar con coche.
Ao alugar Casa Mica alugas unha casa vacacional en funcionamento, que che prové de dous xogos de sabas por cama, dous xogos de toallas completos, panos de cociña, manteis, vaixela suficiente, especies, artigos de limpeza, lavadora de roupa e secadora e tamén unha cesta de picnic indispensable para algúns paseos. O noso desexo é dar solucións para un pleno desfrute e que queden os nosos hóspedes namorados do lugar e queiran repetir.
Pódense aparcar de 2 a 3 coches.
CasaMica
Información e contacto

Cabo de Vila, 54 - Atán
Pantón
27419 Lugo



Equipamento e servizos

