
Caserío da Castiñeira

O "Caserio da Castiñeira" é a única construción do lugar de "A Castiñeira", aos pés da "Serra do Burgo" a 10 minutos do impresionante Canón do Sil e a uns 32 kms das pistas de esquí de Cabeza de Manzaneda.
Todo iso ao Norte da provincia de Ourense. A edificación, reformada no 2008, está hoxe disposta como 4 apartamentos e un cuarto dobre, aínda que antigamente á vivenda familiar rodeábana varios anexos que facían a función de palleira, leñeira, e diversas cuadras. Á parte, a casa ten unha ampla zona común con biblioteca, zona de xogos, wifi e cheminea. As vistas son espectaculares, pois todo o caserío está rodeado de bosques de castiñeiros, carballos e prados. A tranquilidade está garantida.


Manolo y Carmen
Ola xente bonita! , somos Manolo e Carmen, "os Castiñeiros". Tras varios anos de procura do lugar ideal, para dar vida ao noso proxecto de Turismo rural vegano, ecolóxico e terapéutico , na primavera do 2008 atopamos o Caserío da Castiñeira.
Aquí envorcamos as nosas paixóns, de Manolo os sendeiros, a natureza e de Carmen a cociña terapéutica e a saúde natural.
Desde que puxemos en marcha esta casa o noso principio fundamental é que todos vos sintades acollidos na nosa casa e que poidades descansar e descubrir os recunchos máis fermosos desta terra.
CASERÍO DA CASTIÑEIRA
Categoría

Información e contacto

A Castiñeira, 1 - Sas do Monte
Montederramo
32751 Ourense



Equipamento e servizos








Accesibilidade

