Galería
Galería

Casiñas do Sil

Pensións

Casiñas do Sil ofrece un aloxamento único e especial, coas mellores vistas ao Canón do Sil, en pleno corazón da Ribeira Sacra, onde desfrutar da natureza, rutas de sendeirismo e BTT, paseos en kaiak e catamarán, monumentos históricos, gastronomía e bo viño. E de paz, moita paz.

Trátase de dúas casas independentes, bautizadas como Casiña do Forno e Casiña dos Avós. Cada unha ten capacidade para catro persoas e contan con terraza privada e vistas panorámicas ao impresionante Canón do Sil. Ademais, construíronse con materiais nobres.

Están acondicionadas con aerotermia frío/calor, cama queen size, iluminación auxiliar, estores opacos e cociña totalmente equipada con: placa de inducción, campana extractora, microondas con grill, lavavaixelas, nevera mini, torradora, exprimidor eléctrico e enxoval de cociña. Dispón ademais de wifi, smart TV, secador de pelo e kit de amenities de Rituals.


Casiñas do Sil

Ver máis...

Categoría

Categoría: Pensión 3 estrelas

Información e contacto

Enderezo

Quintairos, 9

A Teixeira

32765 Ourense

Teléfono contacto
659 043 595
Horario
Todo o ano
Plazas
6 Plazas
Habitaciones
2 Habitaciones

Equipamento e servizos

Casa completa
Berce
Pago con tarxeta
WiFi
Terraza exterior

Accesibilidade

En coche
En bicicleta
Cómo chegar Cómo chegar