
Operado pola Deputación de Lugo. Canón do Sil

Embarque: Embarcadoiro de Ponte do Sil (Monforte de Lemos, Lugo)
Duración da viaxe: 2 horas
Prazas: 107 + 52
SERVIZO LANZADEIRA VERÁN 2024: Os espazos de estacionamento nos embarcadoiros son moi limitados. Recoméndase facer uso do servizo de traslado gratuíto a Ponte do Sil e Abeleda. Información e reservas aquí.
O percorrido comeza ao pé dos afamados viñedos de Amandi (subzona da Denominación de Orixe Ribeira Sacra), onde o viaxeiro poderá sorprenderse coas súas vertixinosas pendentes. Tras atravesar esa zona, o catamarán penétrase na parte máis abrupta e rochosa do canón. Coa axuda dun guía acompañante poderán descubrir algunhas das curiosidades e peculiaridades do canón do Sil.
Esta ruta chega ao seu punto medio á altura do Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil), lugar onde dá a volta para retornar ao momento de orixe, o embarcadoiro de Ponte do Sil (Monforte de Lemos).
Responsable xestión: Deputación Provincial de Lugo.
Barcos: Mencía (107 prazas) e Cañón do Sil (52 prazas).
Non o perdas!
Para os amantes do viño, son numerosas as adegas que podedes visitar na zona. Recomendámosvos tamén a visita aos artesáns de Gundivós, unha de olerías típicas de Ribeira Sacra.
Catamarán Deputación de Lugo - Canón do Sil
Información e contacto

Embarcadero Ponte do Sil
Monforte de Lemos
27400 Lugo


