Galería
Galería

Club Náutico Mourulle

Albergues

O club Náutico consta dunha edificación de tres alturas construída a media ladeira, con entradas na zona da 1ª planta e uns portalóns no sótano que habilitan a zona do pañol.

Na primeira planta atópanse os baños, acceso ao ascensor e un local pechado duns 18 m2 apto para comedor reservado.

Na planta intermedia, atópase a cafetería, cociña e o comedor, ademais do acceso á terraza.

Na planta baixa ou pañol, atópnase os baños e duchas, ademais da zona de almacenamento para embarcacións de recreo.

A edificación do albergue consta de 14 habitacións de 4 camas tipo litera e 11 baños, divididos en 2 plantas.

Na planta baixa dispón de lavandería, 2 habitacións dobres, zona de ocio (con futbolín e billar) ademais dunha zona adaptada para impartir cursos, dotada de proxector e unha zona de recepción para o albergue.

Na parte superior dispón ademais dunha terraza moi ampla e dunha galería cunhas vistas espectaculares ao río Miño, unha zona de office para gardar e quentar comida.


Club Náutico Ponte Mourulle

Información e contacto

Enderezo

Club Náutico, s/n

Taboada

27550 Lugo

Teléfono contacto
607489223/982198255
Horario
607489223/982198255
Capacidade
14 habitaciones para 4 personas en literas 2 habitaciones dobles privadas

Equipamento e servizos

Aparcamento
Almorzos
Comidas
Ceas
Terraza exterior
Cómo chegar Cómo chegar