Enoturismo Galicia - Rutas en Segway
Enoturismo Galicia ofrece unha alternativa diferente para coñecer os viñedos da subzona de Amandi, os paseos en segway.
Desde a empresa apuntan que non é necesaria experiencia para a realización das rutas e que ao contrario do que parece, é unha actividade moi segura. É apta para todos os públicos, cunha pequena formación previa por parte do monitor, que acompañará aos visitantes durante todo o traxecto.
As opcións que ofrecen son as seguintes:
RUTA MIRADOIRO PENA DO CASTELO Ó SOUTO CHAO
Doade - Souto de Valguaire - Mirador Pena do Castelo ó Mirador Souto Chao
Disfrutaremos de paisaxes únicas entre sendeiros de castiñeiros centenarios no Souto de Valguaire e os viñedos sobre os Cañóns da Ribeira Sacra.
Duración aprox: 1 hora
Precio: 32,50 €/persoa
* Opción de visitar dous miradoiros ( Miradoiro Pena do Castelo e Miradoiro de Souto Chao )
Duración aprox. 2 horas
Precio: 40 €/persoa
RUTA DOADE-MIRADOIRO PENA DO CASTELO-VISITA A BODEGA
Doade - Souto de Valguaire - Mirador Pena do Castelo - Visita a unha Bodega da zona
Comezaremos a ruta entre castiñeiros centenarios e visitaremos os viñedos sobre os Cañóns da Ribeira Sacra. Para finalizar disfrutaremos dunha visita guiada a unha bodega da zona, que inclúe degustación de varios viños locais.
Duración aprox: 2 horas
Precio: 42€ - 49€/ persoa
* Posibilidade de incluír na ruta un picnic . Consultar prezos.
MÁIS INFORMACIÓN:
676 101 649