Galería
Galería

Fogar do Pumar

Viviendas de Uso Turístico

O Fogar do Pumar está ubicado na aldea de Sta.María de Tuiriz, en Pantón, no corazón rural da Ribeira Sacra. Aquí atoparás desconexión en plena natureza e tamén a vida en activo do campo que aínda se resiste a desaparecer. Somos o aloxamento ideal para parellas, familias con nenos e/ou un pequeno grupo de amizade. A capacidade máxima admitida é de 4 persoas.

O acceso á vivenda é perfecto vía carretera asfaltada, estamos a escasos metros da estrada LU-617. As instalacións foron completamente renovadas e decoradas con apeiros tradicionais de labranza. Contamos con aparcadoiro gratuíto no exterior, ao lado da vivenda; así como xardín e horta de uso exclusivo para os nosos clientes.

A vivenda divídese en 2 andares (de 36 m² cada un), unidos polo exterior cunha escaleira de pedra e pasamán de ferro, rematando nun pequeno balcón con vistas á rúa. O inferior dispón dunha zona para lavadora e prancha, a caldeira de pellets e unha pequena saliña con TV para descansar. Tamén é ideal para gardar bicicletas ou moto a cuberto e incluso para que xoguen os nenos. O andar superior dispón dun dormitorio con cama dobre, baño con ducha e cociña e saliña xuntas, onde se ubica un sofá-cama con outra TV.

Está completamente equipada con todo o menaxe básico e necesario. Dispoñemos de calefacción en toda a vivenda, Wifi gratuíta mediante fibra óptica (ideal para teletraballar), un berce e dúas tronas gratuítas para bebés.

A estancia inclúe a posibilidade de que os clientes recolleiten eles mesmos os alimentos frescos da horta, creada expresamente para eles, dos que dispoñen gratis. Existe un composteiro privado para que depositen os residuos orgánicos xerados durante a súa estancia e contribúan ao mantemento da horta. Así mesmo, dispoñen do uso gratuíto e privado dun pequeno xardín acondicionado con hamacas, mesa e sillas de madeira e unha barbacoa portátil ónde poder preparar pequenas parrilladas.

Ofrécese gratis asesoramento turístico aos hóspedes da man da propietaria e anfitriona; de formación historiadora, arqueóloga e guía oficial de turismo.


Fogar do Pumar

Ver máis...

Información e contacto

Enderezo

Tuiriz, 16 - O Pumar

Pantón

27593 Lugo

Teléfono contacto
610 338 492
Horario
Todo o ano
Plazas
4 Plazas
Habitaciones
2 Habitaciones

Equipamento e servizos

Casa completa
Aparcamento
WiFi
Berce
Cómo chegar Cómo chegar