Hotel Mogay
Benvido ao Hotel Mogay, o teu contacto para coñecer Ribeira Sacra dende 1985. Estamos no centro de Chantada, detrás da igrexa e xunto á oficina de turismo, a 5 minutos en coche das ribeiras do Miño, a medio camiño entre Lugo e Ourense, con acceso rápido e sinxelo a calquera punto de Galicia.
Temos un total de 29 habitacións repartidas en catro plantas, onde podes recuperar forzas despois de camiñar, navegar ou conducir. Servizo de aloxamento con confort básico: baño privado con ducha, televisión e Wi-Fi. Integrando tranquilidade e funcionalidade, con todas as garantías de hixiene sanitaria.
Temos espazos cálidos, con amplitude e luz para os teus eventos gastronómicos, desde formatos pequenos e informais na Terraza, ata menús degustación ou temáticos na sala Lareira. Contamos coa colaboración de A Faragulla Braseria cunha cociña de elaboracións sinxelas e sabores intensos.
Jacobo
Cercano, atento e ben localizado... con superpoderes para chegar a calquera punto da Ribeira Sacra.
Podemos atender aos hóspedes en Galego, Castelán, Inglés, Francés e Italiano.
Hotel Mogay
Categoría
Información e contacto
Rúa Antonio Lorenzana, 3
Chantada
27500 Lugo