
Siltrip Kayaks

Se queres pasar unhas horas de diversión no río Sil, os nosos kaiaks bipraza (antienvorcaduras e autovaciables) son unha opción estupenda.
No noso embracadoiro dos Chancís dispoñemos de 7 kaiak, todos dobres. O prezo é 15€ por kaiak e hora.
Sobre eles poderás chegar a lugares inaccesibles desde o barco e desfrutar remando entre as maxestuosas paredes do Canón do Sil, con desniveis verticais de ata 600 metros.
Non é necesaria experiencia previa, pois o río Sil está embalsado e non ten correntes. Ademais daremosvos indicacións básicas sobre remo, suficientes para pasar un día incríble.
Tódolos menores deberán ir acompañados de un adulto. Idade mínima: 6 anos.
No embarcadoiro non hai WC, taquillas nin vestiario, polo que vos recomendamos vir co bañador posto. Daremosvos un bote estanco para gardar as chaves do coche, a carteira e o móbil.
Tampouco hai cobertura TPV, polo que o pago farase en efectivo se non reservaches por internet.
É posible acudir sin cita en tempada baixa, aínda que aconsellamos chamar antes, porque as reservas teñen prioridade.
RESERVA PREVIA no teléfono: 982460714 de martes a domingo 10 a 13:30 e de 15:30 a 17:30 horas. LUNS PECHADO.


Alejandro, Keka y Manuel
Son Alejandro, diplomado en Turismo, Patrón Portuario e apaixoado da bioloxía e do viño, e xunto con Keka e Manuel formamos o equipo Siltrip.
Desfrutamos dando a coñecer aos nosos clientes o Canón do Sil, sen dúbida un dos tesouros da nosa Ribeira Sacra, e intentamos transmitir ese amor e esa paixón a todo o que nos visita.
Siltrip Kayak
Información e contacto

Embarcadero de Os Chancís
Sober
Lugo

