
Lemavos

Lemavos está enclavado en pleno centro de Monforte de Lemos, nunha zona tranquila, rodeado de natureza e con espectaculares vistas.
O piso está totalmente novo, ten 150 metros cadrados, pode acoller ata dez hóspedes de tódalas idades con comodidade e non se alquila por habitacións. Conta con garaxe propio e un amplo aparcamento público xusto enfronte.
En Lemavos velamos polo benestar e a seguridade dos nosos hóspedes, polo que en materia de hixiene e desinfección, utilizamos produtos viricidas e sistemas de desinfección homologados polo Ministerio de Sanidade.
Temos un teléfono de atención aos nosos hóspedes, dispoñible as 24 horas para calquera información, imprevisto ou petición.
A ubicación é perfecta para moverse pola cidade andando, e tamén para desplazarse polo entorno da Ribeira Sacra en coche e desfrutar da natureza, historia, arte, gastronomía, viticultura... que nos agasalla a zona.
Os anfitrións de Lemavos, desexamosvos unha feliz estancia en Monforte de Lemos.
Lemavos
Información e contacto

Rúa Rof Codina, 13-15 1º Izq
Monforte de Lemos
27400 Lugo


Equipamento e servizos



