Galería
Galería

Melsacra Experience

Outras actividades lúdicas

INICIO DE TEMPADA O 01/04/2022

Síntete apicultor por un día, xa que esta actividade deseñouse para que poidades desfrutar e vivir a experiencia única da apicultura tradicional. Ao longo de aproximadamente 3 horas, desfrutaremos dunha ruta en 4x4 polos bosques centenarios de castiñeiros e carballos situados en pleno corazón da Ribeira Sacra.

Chegou o momento de colocarnos o traxe de apicultor e adquirir as nocións básicas para aclimatarnos e introducirnos, pouco a pouco, no incrible mundo da apicultura. Coñeceremos as características que debe cumplir un colmear e poderemos desfrutar de todas as tarefas que realizan as nosas preciadas abellas no interior da colmea, como: recolección de néctar, polen ou propóleos, entre outras moitas labores, e descubriremos a estrutura que forma unha colonia coas súas obreiras, zánganos e a raíña.

Posteriormente viaxaremos ata a "Albariza do Vello", unha construción con máis de 500 anos cuxa finalidade era protexer as colmeas dos osos e outros depredadores. Esta obra centenaria, en pleno Canón do SIl, é testigo dunha das actividades orixinarias dos antigos monxes que rexeron o antigo mosteiro de Santo Estevo, convertido actualmente en Parador Nacional.

Finalizaremos esta experiencia visitando o noso obradoiro artesanal, onde vos amosaremos todo o proceso de extracción, envasado e etiquetado; e degustaremos, mediante unha cata completa, todas as variedades de meles tradicionais, enriquecidas e con froitos secos.

E unha vez finalizada esta experiencia, desde Melsacra podemos ofrecerche a posibilidade de desfrutar dun xantar que poidas recordar sempre.

 

 

Prazas: 6 adultos ou 7 con nenos. Accesible a partir de 7 anos de idade.

Persoas con discapacidade sensorial non teñen limitacións.

Persoas con discapacidade psíquica, deben ir acompañados dun responsable (ofrecemos servizo de acompañante).

Persoas con discapacidade física, con certas limitacións, porque o vehículo non está adaptado.

Gardería para mascotas gratuíta, durante o tempo da ruta.


Melsacra Experience

Ver máis...

Información e contacto

Enderezo

Nogueira de Ramuín

Ourense

Teléfono contacto
638 105 300
Horario
Con reserva previa
Plazas
6 Plazas
Cómo chegar Cómo chegar