
O Recuncho

En O Recuncho cuidamos todos os aspectos para que o sintas a túa casa durante a túa estancia, a ubicación en pleno centro de Monforte faino ideal para desfrutar da gastronomía e o comercio da nosa cidade, o aparcamento gratuíto do Parque dos Condes, situado aproximadamente a 150 metros de O Recuncho, facilitarache a túa mobilidade.
Esmerámonos nos pequenos detalles, e a limpeza é para nós un factor diferencial do apartamento, así como estar sempre dispoñibles para calquera cousa que precisedes.
O Recuncho está nunha das rúas máis concurridas de Monforte, pero a pesar delo é silencioso xa que é un apartamento que da a un patio interior, facilitando o voso descanso e mantendo unha temperatura agradable no verán.
Podedes ver que a gran maioría dos nosos hóspedes dannos unha gran puntuación e aconsellan O Recuncho, o cal é unha gran satisfacción. A nosa ubicación permitenos ser o centro de operacións ideal para visitar a nosa marabillosa Ribeira Sacra.


María
Ola! Son María e estarei encantada de recibirvos en O Recuncho.
O Recuncho
Información e contacto

Rúa Roberto Baamonde, 11 1ºD
Monforte de Lemos
27400 Lugo




Equipamento e servizos


Accesibilidade
