Galería
Galería

Os Terrados

Viviendas de Uso Turístico

Aloxamento Os Terrados dispón dunha capacidade para aloxar oito persoas, repartidas en tres habitacións de matrimonio e unha dobre. Ademais, a casa conta con  WI- FI, TV, comedor, baño, cociña totalmente equipada, lavadora e calefacción en toda a instalación. No exterior do aloxamento poderás gozar de zona de aparcadoiro e un pequeno xardín, no que pasar momentos inesquecibles.

Un dos lugares máis singulares de Galicia e un dos maiores tesouros escondidos da Península Ibérica, sitúase a beiras do Río Miño e do Sil. Un destino no que os ríos, a paisaxe, a abundancia de monumentos románicos e os seus milenarios viñedos forman un atractivo destino. Se coas túas escapadas buscas desconectar do ruído, satisfacer ao teu padal ou namorar ás túas retinas, deberías coñecer a zona. 


Non o perdas!

Suxerímosche na túa primeira visita algúns dos «imprescindibles que non deberían de faltar na túa lista de recunchos a visitar cando te achegues á Ribeira Sacra.

Practicar diferentes rutas de sendeirismo mentres camiñas polos seus bosques frondosos.

Visitar os mosteiros centenarios.

Degustar os seus viños autóctonos, xa que un dos principais reclamos da Ribeira Sacra, son os seus viños, de gran calidade e de prestixio internacional, caracterizan as paisaxes da zona. Coa variedade tinta Mencía como uva señorial máis cultivada e coa viticultura heroica como referente no mundo do viño, esta paisaxe, marcado polos “socalcos” (viñedos en  bancales que adornan as beiras dos canóns do río), dá orixe a unha das 5 denominacións de orixe vitivinícolas que existen en Galicia, a D.O. Ribeira Sacra. Non perdas a oportunidade de saborear os seus viños e visitar algunha das súas adegas.

Descubrir as lendas ocultas dos arredores.
Realizar rutas en bicicleta de montaña.
Realizar viaxes en catamarán.

Os Terrados

Ver máis...

Información e contacto

Enderezo

Vilouxe, s/n

Nogueira de Ramuín

32164 Ourense

Teléfono contacto
636 807 185
Horario
Todo o ano
Plazas
8 Plazas
Habitaciones
4 Habitaciones
Capacidade
Habs/Prazas: 4/8

Equipamento e servizos

WC
Aparcamento
WiFi
Casa completa

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar