Galería
Padyak Tiempo Libre
Padyak Tiempo Libre ofrece experiencias únicas de navegación e deportes acuáticos no río Sil, combinando aventura, natureza e patrimonio histórico.
Actividades para todos os niveis nunha contorna de viñedos en socalcos, canóns impresionantes e mosteiros agochados.
SERVIZOS E TARIFAS
- Ruta en barco a vela
- Descrición: Travesía única polo corazón da Ribeira Sacra a bordo dun barco a vela. Navegarase entre paredes de granito, viñedos en socalcos, mosteiros e pequenas aldeas. As persoas participantes poderán colaborar na navegación mentres gozan dun ambiente íntimo e relaxado.
- Duración: 2 h, con posibilidade de engadir horas.
- Prezo:
- Adultos: 55 €
- Menores de 6 a 14 anos: 45 €
- Horas adicionais: 20 €/h
- Inclúe: monitor, ruta guiada, barco a vela, chalecos salvavidas e caixa estanca.
- Lugar de encontro: praia fluvial de Rabacallos, embarcadoiro da Abeleda e Santo Estevo.
- Rutas en paddle surf e kaiak
- Descrición: Actividade guiada por tramos de augas tranquilas do río Sil, perfecta para principiantes. Inclúe explicación de técnica e seguridade, así como paradas para facer fotos e descubrir curiosidades da Ribeira Sacra.
- Duración: 2 h, con posibilidade de engadir horas.
- Prezos:
- Adultos: 35 € / 2 h
- Menores de 8 a 14 anos: 30 € / 2 h
- Horas adicionais: 10 €/h
- Inclúe: monitor, ruta guiada, kaiak ou táboa de paddle surf, pas, chalecos salvavidas e caixa estanca.
- Lugar de encontro: praia fluvial de Rabacallos, embarcadoiro da Abeleda e Santo Estevo.
- Alugueiro libre de kaiaks e paddle surf
- Descrición: Goza do Sil ao teu ritmo, en kaiak ou paddle surf, rodeado de canóns, viñedos en socalcos e natureza. Ideal para desconectar e contemplar a Ribeira Sacra desde a auga.
- Duración: mínimo 2 h / máximo 8 h, con posibilidade de alugueiro por días.
- Prezos:
- Kaiak individual: 20 €/h
- Kaiak dobre: 25 €/h
- Kaiak triplo/cuádruplo: 30 €/h
- Táboa de paddle surf: 18 €/h
- Inclúe: kaiak/paddle surf, pas, chalecos salvavidas e caixa estanca.
- Lugar de encontro: praia fluvial de Rabacallos, embarcadoiro da Abeleda e Santo Estevo.
- Política de devolución do material: cobro adicional por atrasos e reclamación por danos se non se comunica previamente.
- SUP Yoga
- Descrición: Experiencia de benestar única que combina ioga e equilibrio sobre unha táboa de paddle surf en augas tranquilas. Ideal para conectar coa natureza, mellorar a concentración e fortalecer o corpo mentres se goza da contorna natural en calma. Non é necesaria experiencia previa.
- Duración: 1 h 30 min
- Prezo:
- Prezo por persoa: 35 €
- Inclúe: monitor especializado, táboa de paddle surf, remo e chaleco salvavidas.
- Lugar de encontro: praia fluvial, segundo condicións e grupo.
- Requisitos: mínimo 6 persoas, estar 15 minutos antes, saber nadar e pagamento completo da reserva.
--
- Requisitos, excepto SUP Yoga: mínimo 2 persoas, estar 15 minutos antes, saber nadar e pagamento completo da reserva.
- Política de cancelación:
- Comunicación antes de 48 h: devolución do 80 %.
- Comunicación dentro das 48 h: devolución do 20 %.
- Sen comunicación/asistencia: 0 % de devolución.
Martín Fernández Mera
Martín é fundador de Padyak Tiempo Libre e conta cunha ampla experiencia en actividades acuáticas e de ocio educativo. Posúe o PER con ampliación, é técnico auxiliar en vela e realizou cursos de kaiak e paddle surf aplicados a actividades de tempo libre. A súa paixón é combinar aventura, natureza e aprendizaxe en experiencias únicas na Ribeira Sacra.
Padyak Tiempo Libre
Información e contacto
Playa fluvial de Rabacallos / Embarcadero de Abeleda / Santo Estevo
Parada de Sil
32700 Ourense
694 309 534
Cómo chegar
Que mellorarías?