
Palleira da Meiroá

Aloxamento turístico situado nunha contorna privilexiada con vistas á montaña, un remanso de paz onde a tradición e o confort danse a man.
Dispoñemos de 5 habitacións coidadosamente deseñadas para o descanso e zonas comúns con xardín e piscina. Buscamos ofrecer unha experiencia única e que vos sintades como na casa. Goza dos nosos ricos almorzos na palleira, explora a Ribeira Sacra, e lévate un anaquiño da nosa terra no corazón.


Yolanda
Somos unha familia namorada da natureza, as tradicións e a hospitalidade. Recuperamos unha antiga casa familiar para ofrecerche un aloxamento con encanto, onde se combinan a arquitectura tradicional e o confort moderno.
En plena Ribeira Sacra, rodeada de bosques, montañas e viñedos, a nosa casa rural é o lugar perfecto para desconectar e vivir o ritmo pausado do campo.
Aquí non só te aloxas: gozas de produtos locais, paseos á tardiña e un trato próximo que che fará sentir como na casa.
Palleira da Meiroá
Categoría

Información e contacto

Lugar de A Meiroá, 13
Esgos
32720 Ourense



Equipamento e servizos






Accesibilidade
