Galería
Galería

Pena da Osa

Viviendas de Uso Turístico

Casa amplia de 300m2 con terraza e patio pechado, dispón de cociña, 2 salóns, 6 habitacións e 7 baños.

Pena da Osa atópase a tan só 750 metros da vila de Sober e a 10 quilómetros do Canón do Sil e das ribeiras do Miño, o que a converte nun punto estratéxico para visitar a zona.

A casa ten unha cociña moi ampla con tódolos servizos, onde preside unha xenial cociña de ferro que fará que calquera noite de inverno se converta nun espazo perfecto para degustar un bo prato ao calor do lume. Dispón dunha gran terraza onde podes comer e cear en medio da natureza e desfrutar dun ceo estrelado. O gran patio que a rodea é inmellorable para unha boa barbacoa onde desfrutaran tanto maiores coma nenos e mascotas.

Os seus dous amplios salóns, un en cada planta, farán as delicias dos hóspedes, relaxándose tanto vendo a TV por cable (Movistar, Netflix, Dazn...) ou simplemente tendo un espazo de lectura tranquilo e amigable.

Nos arredores poderás desfrutar dunhas boas caminatas polos seus sendeiros cubertos de árbores e desfrutar, se tes sorte da fauna local, puidendo ver tanto corzos como zorros e aves rapaces. Sen case coches polas inmediacións convertese nun lugar ideal para desfrutar do son do vento e a natureza.


Pena da Osa

Ver máis...

Información e contacto

Enderezo

Os Pacios, 4

Sober

27460 Lugo

Teléfono contacto
639 403 998
Horario
Todo o ano
Plazas
10 Plazas
Habitaciones
6 Habitaciones

Equipamento e servizos

Casa completa
Aparcamento
WiFi
Mascotas permitidas
Terraza exterior

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Discapacidade visual
Cómo chegar Cómo chegar