Galería
Galería

Pensión do Catro

Pensións

Pensión do Catro, un recuncho con encanto no centro da Pobra de Trives, perfecto para explorar a Ribeira Sacra e a Estación de Montaña de Manzaneda a tan só uns minutos.

Situada nunha antiga adega de principios de século, a nosa pensión combina muros de pedra orixinais cun deseño moderno e acolledor de estilo nórdico. Contamos con 4 habitacións familiares,culturais, cada unha ambientada nunha historia ou lugar emblemático de Trives. Todas dispoñen de cama de 160cm, sofá cama, calefacción, wifi, berce baixo petición e terraza con vistas ao pobo e á montaña.


Lu&Miguel

Lu&Miguel

Lu e Miguel son uns anfitrións próximos e apaixonados polo detalle, encárganse persoalmente de que cada estancia sexa especial. Desde a benvida con auga fresca, doces e pequenos obsequios para os nenos ata cada recuncho decorado con agarimo, a súa hospitalidade nótase en cada xesto. No mesmo edificio atópase tambien o seu restaurante A Cantina Do Catro, onde poderás gozar de almorzos deliciosos, comidas e ceas caseiras, sempre son sabor local e ambiente familiar.

Pensión do Catro

Ver máis...

Información e contacto

Enderezo

Praza Doutor Paz, 4

Pobra de Trives

32780 Ourense

Teléfono contacto
655723120
Plazas
8 Plazas
Habitaciones
4 Habitaciones

Equipamento e servizos

Casa completa
Área infantil
Berce
Almorzos
Comidas
Ceas
Pago con tarxeta
WiFi
Terraza exterior

Accesibilidade

En coche
En bicicleta
Cómo chegar Cómo chegar