
Real Montealegre Club de Golf

O Real Montealegre Club de Golf atópase a tan só 5 km do Pereiro de Aguiar e a 10 km de Ourense capital, nun espazo natural que alberga un complexo deportivo e social, deseñado para fomentar o deporte e o benestar.
O club conta cun campo de golf de 18 buracos, par 71 (5.576 m.) de gran beleza pola súa integración natural co terreo. O seu deseño permite ao xogador empregar estratexias moi distintas en cada buraco.
As instalacións de golf completanse cunha cómoda cancha de prácticas, un campo de pares 3 de 9 buracos, 2 putting green e un bunker de prácticas.
Instalacións sociais
Unha deslumbrante casa club preside o complexo deportivo. Conta con salóns sociais, restaurante, cafetería, cómodos vestiarios, ximnasio e unha terraza con vistas privilexiadas ao campo de golf.
No noso restaurante poderá desfrutar do máis variado e suxerente da gastronomía local, sendo a nosa especialidade o "cocido galego".
Real Montealegre Club de Golf
Información e contacto

Campo de Golf, s/n
Ourense / O Pereiro de Aguiar
32005 Ourense

Equipamento e servizos




