Rutas Xanzá
Rutas Xanzá é unha empresa de turismo activo creada en 2014 que realiza actividades guiadas de BTT e sendeirismo.
Rutas Xanzá proponvos percorrer os lugares máis emblemáticos de Ribeira Sacra en catro etapas en bicicleta de montaña, que se poden realizar por separado. Tamén realizamos rutas á carta e o Camiño de Inverno en BTT.
O guía de Rutas Xanzá é Victor Fernández, gran amante da montaña e da BTT ademáis dun gran coñecedor das paraxes por onde se desenvolven as actividades.
O percorrido por Ribeira Sacra transcurre polos concellos de Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Teixeira, Castro Caldelas, Monforte de Lemos e Sober. En total 160 quilómetros por sendeiros entre muros de pedra e camiños asfaltados con apenas tráfico, entre bosques de castiñeiros e carballos.
Etapa 1: Santo Estevo – Parada de Sil.- Ruta de 32,7 quilómetros con un desnivel positivo↑ de 1.207 m. e un desnivel negativo↓ de 1.029 m.
Etapa 2: Parada de Sil – Doade.- Ruta de 44,9 quilómetros con un desnivel positivo↑ de 1.491 m. e un desnivel negativo↓ de 1.629 m.
Etapa 3: Doade – Sober.- Ruta de 36,8 quilómetros con un desnivel positivo↑ de 788 m. e un desnivel negativo↓ de 920 m.
Etapa 4: Sober – Sober.- Ruta de 45,9 quilómetros con un desnivel positivo↑ de 1.087 m. e un desnivel negativo↓ de 1.087 m.
As nosas rutas combinan turismo e deporte, descúbrense lugares de gran beleza, alto valor paisaxístico e, sobre todo, gózase da natureza. Os grupos son reducidos e xérase un gran ambiente.
ALQUILER DE BICICLETAS:
- Eléctrica doble suspensión: 55 €/día
- Eléctrica rígida: 38 €/día
- Muscular rígida: 25 €/día
Víctor Fernández
Son Víctor Fernández, fundador deste proxecto que nace por mor da miña paixón polo mundo da BTT e dos roteiros. Quero que os turistas descubran o marabilloso patrimonio cultural e natural desta terra a través do deporte.
Rutas Xanzá
Información e contacto
Paseo do Malecón, 27
O Barco de Valdeorras
32300 Ourense