
Galería
Taller Patapúm

TALLER PATAPÚM é un proxecto artístico cunha traxectoria de máis de vinte anos. Durante este periodo surxiron diferentes inquedanzas, sempre dentro da pintura e co obxectivo de crear pezas únicas.
Actualmente o TALLER PATAPÚM está dedicado á creación de roupa de algodón e de liño. Prendas deseñadas e pensadas para ser diferentes, feitas en materiais o máis orgánicos posible.
Tinguidas a man con tintes directos sen reactivos químicos e finalmente pintadas unha a unha con pincel en series realmente curtas para facer prendas realmente... ÚNICAS E DIFERENTES.
Visitas previamente concertadas no teléfono 659 586 359.
Taller Patapúm
Ver máis...
Información e contacto

As Covas, 4 - Augas Mestas
Quiroga
27391 Lugo

659 586 359