Galería
Galería

Turismo Pantón - Plans Fluviais

Rutas á carta

Os plans fluviais transcorren nas tranquilas augas do río Miño.

Nesta viaxe adentraremonos en bosques frondosos de carballos, castiñeiros e sobreiras; vides en socalcos onde apreciar o traballo de viticultores e bodegueiros e valorar a viticultura heroica.

Descubriremos unha das fervenzas máis interesantes do Val de Lemos, a Fervenza de Augacaída, cun desnivel de 40 metros e percorreremos o característico meandro Cabo do Mundo.

Bordearemos a Illa de Maiorga, a Praia da Cova, veremos algunha das adegas da zona e poderemos apreciar o románico da zona.


Turismo Pantón - Rutas Fluviais

Información e contacto

Cómo chegar Cómo chegar