Galería
Galería

Val da Lenda

Adegas

A produción de viño na nosa adega familiar remóntase a varias xeracións anteriores, pero coa súa legalización en 1991 a nosa pequena adega familiar converteuse nunha das pioneiras da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Os nosos viñedos ocupan as empinadas ladeiras do río Sil, onde desenvolvemos unha viticultura que, con razón, se cualifica de heroica. Predominan as variedades tintas, entre as que destaca a excelente Mencía, auténtica pedra angular da nosa viticultura, pero sen esquecer o Godello co cal facemos excelentes brancos.

Recentemente lanzamos a liña de barrica co noso Sete Tolos, en homenaxe a aqueles tolos que fundaron a D.O., un deles Fundador de Val da Lenda.

Realizamos visitas personalizadas baixo reserva con grupos reducidos máximo de 10 persoas. Para grupos máis grandes, póñase en contacto con antelación. Inclúese visita á adega e unha cata comentada das tres referencias, a duración aproximada é de 2 horas e o prezo é de 10€ por persoa. Para visitar o viñedo consultar dispoñibilidade.


Val da Lenda

Ver máis...

Información e contacto

Enderezo

Cantón, 22 - Amandi

Sober

27423 Lugo

Teléfono contacto
629 679 639
Prezo
10€
Plazas
10 Plazas

Equipamento e servizos

Aparcamento
Pago con tarxeta
Mascotas permitidas

Accesibilidade

Cadeira de rodas
Mobilidade reducida
En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar