Galería
Galería

Via Romana

Adegas

Acreditada Ruta do Viño R.S.: Si

Adegas e Viñedos Vía Romana nace no ano 1997 dentro da D.O Ribeira Sacra (Galicia) na subzona de Chantada. A Adega está ubicada nunha casa solariega do século XVI. O viño que non entende de presas, a nosa carta de presentación e o noso modo de vida, un viño para beber cos amigos, a familia, con calma, tal e como foi a sua elaboración. A nosa filosofía de vida, o slow life, que pensa e que ten presente que as cousas máis importantes da vida deberían facerse sen presas.

AS NOSAS VISITAS

  • Vía Romana Esencia: Visita Á bodega con vistas ao viñedo e degusta 3 dos nosos viños máis emblemáticos. 
    • Duración: 60 minutos
    • Prezos: 12€/ persoa adultos | Maiores de 7 anos: 2€ (catarán un mosto).
    • Recomendamos reserva previa para garantir a visita 
       
  • Vía Romana 5 Sentidos : Desfruta dunha visita guiada por toda a bodega e degusta cinco dos nosos viños.
    •  Duración: 70 minutos
    • Prezos: 18€/ persoa adultos | Maiores de 7 anos: 2€ (catarán un mosto).
    • Recomendamos reserva previa para garantir a visita
       
  • Visita Heroica:  Para os máis valentes:  Recorre o viñedo con nós para entender a viticultura heroica. Finaliza cunha merecida degustación de 3 viños. 
    •  Duración: 90 minutos
    • Prezos: 20€/ persoa adultos | Maiores de 7 anos: 2€ (catarán un mosto).
    • Recoméndase levar calzado cómodo e roupa axeitada para estar no exterior.
    • Esta visita non está dispoñible para persoas con problemas de mobilidade xa que hai desniveis do 35%.
       
  • Vía Romana Premium: Desfruta dunha visita guiada por toda a bodega degustando 5 viños acompañados de bocados típicos da zona. 
    •  Duración: 75 minutos
    • Prezos: 25€/ persoa adultos | Maiores de 7 anos: 5€ (catarán un mosto)
    • Reserva mínima de 4 persoas (os menores de 12 anos non se contabilizan).
    • Para reservar é imprescindible contactar con nós con 48 horas de antelación.

 

HORARIOS DE VISITAS (DO 1 DE NOVEMBRO AO 30 DE MARZO):

Luns, Martes e Mércores: 12:30 e 16:30

Xoves, Venres, Sábados, Domingos e festivos: 11:00 | 13:00 | 16:00 | 17:30

 

 


VIA ROMANA

Ver máis...

Información e contacto

Enderezo

A Ermida, s/n - Belesar

Chantada

27514 Lugo

Teléfono contacto
982462069/683504509
Cómo chegar Cómo chegar