Viajes Hemisferios
Embarque: Embarcadoiro de Santo Estevo (Nogueira de Ramuín, Ourense).
Duración da viaxe: 1 hora 30 minutos
Prazas: 95
O percorrido comeza na parte máis abrupta do Canón do Sil. Nese punto xa se poden observar algúns dos viñedos con máis pendente da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Unha viaxe de aproximadamente hora e media na que os pasaxeiros poderán deleitarse coa grandiosidade do canón e as súas peculiaridades, todo iso acompañados dun guía que lles explicará toda a información relevante.
Unha das sorpresas que garda esta ruta é a vista do Mosteiro de Santa Cristina (Parada de Sil) escondido no bosque. Tras pasar ese punto, o barco retornará ao seu lugar de partida, o embarcadoiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín).
Non o perdas!
A poucos quilómetros do embarcadoiro é posible visitar os mosteiros de Santo Estevo de Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín) e San Pedro de Rocas (Esgos).
Se continuamos en dirección Parada de Sil, poderemos visitar unha das xoias do románico de Ribeira Sacra, o mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil. Son numerosos os miradoiros que vos atoparedes no camiño.
Información e contacto
Embarcadero de Santo Estevo
Nogueira de Ramuín
32160 Ourense