Viajes Pardo
Embarque: Embarcadoiro de Abeleda (Castro Caldelas, Ourense)
Duración: 1h. 45 m.
Itinerario: Abeleda - Santa Cristina- Abeleda.
SERVIZO LANZADEIRA VERÁN 2024: Os espazos de estacionamento nos embarcadoiros son moi limitados. Recoméndase facer uso do servizo de traslado gratuíto a Ponte do Sil e Abeleda. Información e reservas aquí.
O percorrido comeza ao pé dos afamados viñedos de Amandi (subzona da Denominación de Orixe Ribeira Sacra), onde o viaxeiro poderá sorprenderse coas súas vertixinosas pendentes. Tras atravesar esa zona, o catamarán penétrase na parte máis abrupta e rochosa do canón. Coa axuda dun guía acompañante poderán descubrir algunhas das curiosidades e peculiaridades do canón do Sil.
Esta ruta chega ao seu punto medio á altura do Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil), lugar onde dá a volta para retornar ao momento de orixe, o embarcadoiro de Abeleda (Castro Caldelas).
Non o perdas!
Non pode faltar a visita a algunha das adegas da zona. Tampouco vos podedes marchar sen divisar os canóns desde algún dos miradoiros a ambas as marxes do río.
Información e contacto
Embarcadero de Abeleda
Castro Caldelas
Ourense