Galería
Galería

Souto de Rozavales e Castiñeiro de Pumbariños

Espazos naturais

Este espazo foi declarado Monumento Natural pola Xunta de Galicia no ano 2000 por ser unha das mellores representacións dos soutos mansos galegos, plantacións de castiñeiros enxertados con variedades de froito de calidade, con exemplares centenarios de incribles dimensións, entre os que destaca o Castiñeiro de Pumbariños.

Os castiñeiros, plantados en ringleiras que ainda se aprecian, amosan troncos de grandes dimensións que permanecen sen ramificar ata 2-3 m de altura, onde se forma a cruz e comeza a formarse a copa, que se renova cada poucos anos para aproveitar a leña e a madeira e, sobre todo, para favorecer unha boa produción de castañas de bo calibre.

Os soutos son un dos elementos fundamentais do noso patrimonio cultural e natural, cabe lembrar que antes da chegada da pataca, a castaña era o alimento básico nas casas galegas, e representan un ecosistema agrosilvopastoral en equilibrio que posúe unha gran biodiversidade, incluíndo a presenza de elementos faunísticos pouco comúns na nosa Comunidade Autónoma.

Neste souto encóntranse exemplares de castiñeiro de gran lonxevidade (algún de máis de mil anos) e extraordinaria beleza, auténticos monumentos vexetais. Como exemplar sobresaínte debe citarse pola súa singularidade o coñecido como ''Castiñeiro de Pumbariños'', cuxo perímetro alcanza os 12,15 metros.
 

Soto de Rozavales y Castaño de Pumbariños

Ver máis...

Información e contacto

Enderezo

Rozavales

Manzaneda

Ourense

Cómo chegar Cómo chegar