Un toque de cor en Ribeira Sacra

A estética e a ordenación urbanística son aspectos fundamentais para o desenvolvemento turístico e por iso buscamos a maneira de contibuír nesa área desde o Consorcio de Turismo. En 2015 comezamos un proxecto de "muralización" do "feísmo" nos 21 concellos deste territorio. O que fixemos foi recupera muros, inmobles e elementos arquitectónicos degradados mediante intervencións de arte urbana.

 

Propoñemos o murla porque consideramos que é a expresión máis contemporánea da arte que se pode atopar, porque xera patrimonio, porque nos permite convertir espazos decadentes en cadros de gran tamaño; porque están na rúa, en contacto directo con viandantes, e teñen a capacidade de moverse, excitar, provocar e animar, sendo un vehículo sensibilizador

 

Con este proxecto conseguimos disimular elementos que desvirtúan o noso valioso entorno, e sobre os que non temos outra forma de intervir, puxemos en valor elementos materiais e inmateriais do noso destino turístico, pois todos os murais fan referencia a lendas, oficios, festas,... de Ribeira Sacra, e creamos un produto turístico innovador, un atrativo máis para a zona.