Viñobús Vendima 2024
Unha experiencia única na que maiores e pequenos aprenden de onde proceden as uvas, como se cultivan e a súa transformación en mosto ou en viño de forma natural.
Datas Viñobús 2024: 21,22,28,29 de setembro
Daremos un paseo polos viñedos acompañados por quen mellor coñecen a vide e como coidala, as variedades de uva e as súas diferentes follas, a importancia do chan...
Realizaremos unha cata de uvas, mostos e viños, percibindo os distintos aromas, sabores e texturas.
Vendimaremos e pisaremos os acios como se facía antigamente; o mosto introducirase nas cubas para a fermentación e xa os nosos enólogos ocuparanse de coidar este viño ata o seu embotellado. Será a partir dese momento cando poderás gozalo, xa que, se o desexas, enviarémoscho á casa.
Non nos iremos sen desfrutar dun merecido xantar, do mesmo xeito que os numerosos viticultores heroicos que cultivan estes viñedos cada día.
· Recoméndase roupa e calzado adecuados (preferiblemente vaqueiros, deportivos ou botas de montaña).
· Saídas garantidas a partir de 10 prazas.
· Desprazamento en microbús desde punto de encontro.
· É necesario reservar para realizar a actividade.
· Adultos, 15 euros. Nenos de 4-12 anos, 10 euros. Menores de 4, gratis.
· Horario de saída: 10:30 horas.
· Duración: ata as 16:30 horas aprox.
· Punto de encontro: Parque dos Condes de Monforte de Lemos.
· O prezo inclúe: traslado desde o punto de encontro, xantar na adega** e guía acompañante.
* Gastos de envío da botellas non estarían incluídos, consultar prezo.
** O tipo de almorzo varía en función da adega, pero na maioría dos casos trátase de pratos fríos cun menú propio dos viticultores durante unha xornada de vendima.
· O Consorcio resérvase o dereito de modificación do programa en función da evolución da vendima.
Máis información:
638 823 592 // turismo@ribeirasacra.org