Somos de Outono 2022

O outono é maxia en Ribeira Sacra. As tonalidades da paisaxe, os cheiros, a paz que se respira no ambiente…Convidan máis que nunca a parar, a quedar e a gozar da nosa contorna. Para iso, elaboramos un programa de actividades moi especial. Recollida de cogomelos, experiencias sensoriais, mindfulness, supervivencia no bosque e escapismo compoñen o programa desta edición. Do 29 de outubro ao 13 de novembro. Só/-a, en parella ou en familia e nunha contorna idílico. Valo perder?

Más información no teléfono +34 638 823 592 ou no correo electrónico turismo@ribeirasacra.org

OUTUBRO

SÁBADO 29

 Cestas e ao bosque! (Pantón). Macrolepiotas, lactarius, boletus... imos ao monte en busca de cogomelos, para coñecelos, distinguilos e colleitar os máis saborosos. E, ademais da recollida, haberá degustación. Bo proveito!

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 19:00 horas / Inclúe refrixerio a media mañá e xantar; obradoiro de micoloxía (unhas 4 horas); saída ao campo para actividade micolóxica (unhas 3 horas); navalla; miniguía de peto (cogomelos) e sorteo de obsequios.

PRAZAS COMPLETAS


DOMINGO 30

 Hall escape no Museo de Olería de Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo). Seredes capaces de recuperar o Monte do Barro e salvar a olería tradicional de Niñodaguia? En parella ou en grupo, precisaredes resolver todos os enigmas que se vos plantexen neste novidoso xogo de escape para evitar a súa desaparición.  

Prezo: 6€/ grupo (máximo 10 persoas por grupo) / Horarios: 11:00, 12:30, 16:30 e 18:00 horas (duración aprox. actividad 1 hora) / Inclúe game master e material necesario para o xogo.

PRAZAS COMPLETAS


- - - - - - - - - - - - - 
 

NOVEMBRO

SÁBADO 5 

 Baño de Bosque (Carballedo). Quen máis coñece deste tipo de experiencias axudaranos a conectar cos elementos que nos regala o bosque e que teñen unha influencia moi positiva á hora de reducir a nosa tensión, ansiedade, etc.

Prezo: 6 € / Horario: de 17:00 a 19:00 horas / Inclúe café - infusión ao rematar / Material necesario: pano para cubrir os ollos, roupa cómoda, mantiña ou similar para sentar no chan, caderno e bolígrafo.

PRAZAS COMPLETAS
 

 Comer a Ribeira Sacra con todos os sentidos (Taboada). Experiencia que combina as sensacións da Natureza coa Gastronomía de Ribeira Sacra. Unha comida moi especial con todos os sentidos. Hai unha primeira dinámica nos xardíns, para acabar comendo cos ollos tapados e de forma moi lenta. Unha forma de explicar a importancia de comer amodo para saborear, non só a comida, senón tamén o lugar, a compañía e as sensacións que se derivan de todo iso.

Prezo: 15 € / Horario: de 12:30 a 15:30 horas / Inclúe monitor especializado e almorzo.


DOMINGO 6

 Winefulness (Pantón). Preparado/a para potenciar todos os teus sentidos? Comezaremos a xornada cunha sesión de mindfulness e neurobioloxía na natureza para desenvolver ao máximo a nosa sensibilidade e sentidos antes da degustación de viños D.O. Ribeira Sacra. 

Prezo: 6 € / Horario: de 10:00 a 13:00 horas / Inclúe sesión de mindfulness e degustación de viños D.O. Ribeira Sacra


SÁBADO 12

 Curso de explorador (Carballedo). Convírtete en todo un explorador/a! Durante esta ruta aprenderemos algunhas nocións sobre como actuar no monte en caso de emerxencia. Ensinarannos, ademais,  a recoñecer pegadas e rastros de animais, a facer lume (con ferroceiro) ou a construír un refuxio de fortuna, entre outras técnicas.

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 17:00 horas /  Inclúe monitor especializado e picnic / Ruta de 12 km - Dificultade media

 

DOMINGO 13

 Cestas e ao bosque! 
(Pantón). Macrolepiotas, lactarius, boletus... imos ao monte en busca de cogomelos, para coñecelos, distinguilos e colleitar os máis saborosos. E, ademais de recollida, haberá degustación. Bo proveito!

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 19:00 horas / Inclúe refrixerio a media mañá e xantar; obradoiro de micoloxía (unhas 4 horas); saída ao campo para actividade micolóxica (unhas 3 horas); navalla; miniguía de peto (cogomelos) e sorteo de obsequios.

PRAZAS COMPLETAS


- - - - - - - - - - - - - 


INFORMACIÓN IMPORTANTE

O número de prazas dispoñibles por actividade é de 10. A realización das mesmas está garantida a partir dun mínimo de 6 prazas.

Todas as actividades inclúen guías ou monitores especializados.

NON SE ADMITEN CAMBIOS NIN DEVOLUCIÓNS unha vez realizada a reserva e pago da mesma, salvo que a actividade sexa cancelada por parte do Consorcio de Turismo.

O programa está suxeito a modificacións ou cancelacións, especialmente se a actividade se ve afectada polas condicións meteorolóxicas. Recoméndase consultar información actualizada na Web ou chamar ao teléfono de contacto.

Actividades de carácter promocional con prezos patrocinados no convenio 2022 con cargo ao Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra.

 

MÁIS INFORMACIÓN E RESERVAS: turismo.ribeirasacra.org | turismo@ribeirasacra.org | +34 638 823 592 
 


---------

OUTRAS ACTIVIDADES DE OUTONO EN RIBEIRA SACRA

Aceitunero por un día (Enoturismo Galicia, Quiroga): 29 e 30 de outubro; 5, 6, 12 e 13 de novembro Máis información

Unha ponte de postal. Roteitos guiados polas Montañas do Courel: 29, 30 e 31 de outubro. Máis información

Ruta terrorífica Pobo Fantasma de Valdomar (Nogueira de Ramuín): Sábado, 29 de outubro. Máis información

Qui-Medo (Quiroga): Sábado, 29 de outubro. Máis información

Festa de Samaín (Solpor Camperpark, Sober): Sábado, 29 de outubro. Máis información

Mercado de Outoño (Monforte de Lemos): 29 e 30 de outubro. Máis información

Andaina da castaña e magosto, en Parada de Sil: Sábado, 5 de novembro. Máis información

Ruta de sendeirismo Viñedos de Amandi: Sábado, 5 de novembro Máis información 

Xornadas Micolóxicas (A Fábrica da Luz, Parada de Sil): Domingo, 6 de novembro Máis información

Ruta de sendeirismo Viñedos de Belesar: Domingo, 6 de novembro Máis información

Feira do Viño Novo da Teixeira (A Teixeira): Sábado, 19 de noviembre Máis información

En busca de cogumelos (Pantón): Sábado, 19 de novembro Máis información

Xornadas micolóxicas (Centro do Viño, Monforte de Lemos): 24, 25 e 26 de novembro. Máis información

IX Festa da Pisa da Castaña en Purdeus (Parada de Sil): Sábado, 26 de novembro Máis información

Outono Gastronómico nas casas de turismo rural de Ribeira Sacra.


MAGOSTOS POPULARES

30 de outubro, en Ribas de Sil. Máis información

31 de outubro, en Salcedo (A Pobra do Brollón). Máis información

5 de novembro, en Xunqueira de Espadanedo. Máis información

6 de novembro, en Esgos. Máis información

11 de novembro, en Nogueira de Ramuín. Máis información

11 de novembro, en Quiroga. Máis información

12 de novembro, en Montederramo. Máis información

12 de novembro, en Castro Caldelas. Máis información

12 de novembro, en Sacardebois (Parada de Sil). Máis información

12 de novembro, en Pantón. Máis información

 

RESERVAR