A Nai do Demo (Lenda)

Contan que o diaño na súa viaxe desde as terras de Monforte cara a Fisterra ía acompañado da súa nai nunha escoba...
Pero, farto das as súas reprimendas, ao chegar ás terras de Fonte Arcada expulsouna da escoba berrando “Eiquí quedas chantada” que deu orixe a toponimia de Chantada.
Existen varias lendas sobre o topónimo de Chantada, con diferentes personaxes e historias, pero a mensaxe que todos transmiten é o mesmo: "Aquí quedas chantada".
Texto de Anxo Moure.