A pedra da serpe de Vilaescura (Lenda)

Lendas e seres mitolóxicos

Cóntase, xa hai moitísimos anos, cando os mouros chegaron a esta zona de Galicia, que unha fermosa moura* namorouse dun rapaz de Vilaescura, en Sober.

Os xoves namorados víanse ás agachadas na fraga, sempre no mesmo lugar, onde había unha enorme pedra nun camiño perdido.

Pero, un día, a familia da moura decatouse do que estaba a acontecer e decidiron asasinar ao mozo, pois por entón non se concebía unha historia de amor tal entre dous sangues e culturas tan distintas.

Cando a fermosa muller descubriu a morte do seu namorado, toleou. Fixo un feitizo e converteuse en negra serpe. Desde entón, ronda a gran pedra que escondía as citas segredas da parella na fraga; suponse que agardando a que apareza o seu namorado.

Por iso, hoxe en día, cado un pasea polas fragas de Vilaescura e pode ver unha serpe negra, debe ter bo coidado de non magoala; está rondando a Pedra de Moura.

Esta lenda foi represantada nun mural, dentro do proxecto Un toque de cor en Ribeira Sacra, coñecido co mesmo nome que a lenda e situado no núcleo do municipio de Sober. 

 

Texto descriptivo de la leyenda de María Oruña Reinoso e Antonio Reigosa, recollido en Galicia Encantada.

*Definición moura

Cómo chegar Cómo chegar