Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Aldea de Arcos

Aldeas singulares

Arcos é unha aldea pertencente á parroquia de San Pedro de Rocas. Na actualidade, atópase practicamente deshabitada.

Na aldea podémonos atopar centenarias vivendas, case en ruínas, construídas en granito. 

Consérvanse, ademais, varios elementos etnográficos tradicionais galegos, como un lavadoiro e varios hórreos. O núcleo da aldea está presidido por unha gran aira de pedra. 

Non o perdas!

O pobo de Arcos tamén foi escenario de película, concretamente de Luarada, producida por ZinemusiK, un filme que narra a historia real de Manuel Blanco Romasanta, máis coñecido como o "Home Lobo" ou o "Sacauntos". Unha película dirixida por Óscar Doviso cuxa recreación do pobo actual, para facelo pasar por un pobo habitado de mediados do  s.XIX, correu a cargo do premiado director de arte Ángel Amaro. Nas escenas rodadas en Arcos, podemos ver como Romasanta chega acompañado do párroco en busca dun coñecido, Andrés Blanco, quen lle dá acubillo e traballo. Alí coñece á familia García Blanco e unha das irmás, Manuela, sentirá curiosidade por este descoñecido e caerá rendida aos seus encantos.

Aldea de Arcos

Ver máis...

ESCENAS DE LUARADA EN ARCOS

Información e contacto

Enderezo

Arcos

Esgos

32720 Ourense

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Mobilidade reducida
Cadeira de rodas
Cómo chegar Cómo chegar