Galería
Área recreativa de Pradomao
Este lugar atópase a beiras do encoro da Edrada, moi preto da aldea do mesmo nome e a catro quilómetros de Pradomao. Orientada ao sur, conta con area branca e zonas onde refrescarse baixo a sombra.
Esta praia fluvial é un lugar perfecto para comer, merendar e descansar, e ten zona de baño sen vixilancia. Tamén hai espazos e roteiros para camiñar. Pódese percorrer unha auténtica calzada romana duns 4 kms. que pasa por Pradomao e chega á aldea da Edrada.
Praia fluvial de Pradomao
Información e contacto
Lg. Pradomao
Parada de Sil
32748 Ourense
+34689683713