
Aula - Museo do Ferrocarril dos Peares

A aula do ferrocarril, concibida como un espazo único, está organizada en seis bloques temáticos.
Nela, os visitantes poden gozar dunha interesante exposición sobre a Historia do Ferrocarril, con especial atención á estación de dos Peares: infraestruturas como aparellos e elementos de vía, sinalización, electrificación,...; lampistería (farois de iluminación de locomotoras, estacións, sinalización,...).
A colección conta con elementos de comunicación (centrais, billetaxe, reloxos,...) e uniformes e complétase con modelismo, xoguetes e arte. Así mesmo, no edificio principal atópase a cantina histórica dedicada a albergar a biblioteca relacionada coa mesma temática e á organización de actividades lúdicas coas que dar a coñecer a historia deste medio de transporte.
Aula - Museo do Ferrocarril dos Peares
Información e contacto

Antiguo muelle de mercancías - Estación de tren Os Peares
A Peroxa
Ourense
Accesibilidade

