Audioguía


Galería
Capela de Loio

O mosteiro de Santa María de Loio (Cortes) foi un lugar moi relevante na historia do Camiño de Santiago, pero hoxe só temos como recordo a capela, recentemente restaurada.
No seu interior, unha imaxe de Santiago resume o que alí sucedeu, o nacemento da Orde dos Cabaleiros de Santiago, fundada para a protección dos peregrinos e do sepulcro do Apóstolo aló polos séculos IX-X.
Desde o miradoiro asombraraste das impresionantes vistas sobre o "caprichoso" río Miño. Ademais, polas inmediacións pasa a ruta PR-G 14 Ruta do Loio, que nos levará a descubrir bonitos lugares como fervenzas e regatos.
Non o perdas!
Preto desta capela atópase a poboación de Portomarín, cuxa visita vos recomendamos.
Capela de Loio
Información e contacto

Loio
Paradela
27611 Lugo
Equipamento e servizos


Accesibilidade

