
Galería
Carballo Grande do Mestre

Este é un dos escasos carballos superviventes de tempos pasados cando árbores coma esta abundaban en toda a zona.
É un carballo excepcional que presenta un tronco que se bifurca a case tres metros de altura en dous grandes brazos que adoptan orientacións enfrontadas buscando a luz, formando dúas copas case independentes e de moi fermosa feitura.
Datos da árbore (2020):
- Altura (m): 25,80
- Perímetro normal (m): 6,40
- Diámetro de copa (m): 20,55
- Idade estimada: 250-300 anos
Atópase situado na carballeira de Barrio, ao pé da estrada N-540.
Fotografías de Manolo Castro.