Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Casa Grande de Lemos

Pazos

Trátase do edificio máis antigo de Chantada, do século XVI, e orixinariamente era unha cuadra de cabalos á que se lle foron engadindo con posterioridade diversas estancias.

Esta casa foi motivo de diversos preitos chegando a intervir a Marquesa de Astorga cunha carta-orde.

En dúas das súas frontes leva soportais con cuberta de madeira e columnas de diversas formas e épocas. Ten unha gran cheminea saínte e o trazado e a distribución das súas xanelas é moi interesante.

No muro occidental conserva unha pedra de armas partida que se cre anterior ao ano 1668; e que correspondería a don Pedro de Moure Ulloa, párroco da igrexa de Chantada.

Antes da súa remodelación era propiedade de Don Faustino Vilaseco que xunto coa súa muller doárona para Casa da Cultura do Concello. A restauración foi obra do arquitecto Gallego Jorreto e inaugurouse o 19 de outubro de 1990.

Casa Grande de Lemos

Información e contacto

Enderezo

Praza do Mercado s/n

Chantada

Lugo

Teléfono contacto
982 44 17 52
Cómo chegar Cómo chegar