Castelo de Cerveira

A pesar do seu nome non se trata dun castelo, nin das ruinas do mesmo, senón dunha fortificación amurallada, posiblemente romana.
Sitúase nunha cima aislada no medio dunha alta serra do Macizo Central, entre as parroquias de Requeixo (Chandrexa de Queixa) e Pradoalbar (Vilariño de Conso). A súa orixe non está ben definida, pero pola forma da súa construción e a lonxitude da muralla (250m dun perímetro total de 430m) a que máis se aproxima é a dunha fortificación romana.
Os restos da muralla, construída con lousa, está ben conservada nalgúns tramos, e dentro da muralla pódense atopar vestixios de restos de cabañas e habitáculos construídas co mesmo tipo de roca.
Información e contacto

Chandrexa de Queixa
Ourense