Castiñeiro do Souto da Ramigoa

Espazos naturais

Este exemplar é un castiñeiro podado de grandes dimensións. A tres metros e medio de altura aparecen as primeiras ramificacións. Trátase de pólas de pequeno tamaño debido aos aproveitamentos ao que foi sometido ata hai pouco, por un lado, e polo escaso vigor que esta árbore anciá presenta, por outro.
Atópase no medio dun pequeno souto formado por castiñeiros moito máis novos e vizosos, polo que hai gran competencia pola luz, os nutrientes e o espazo.

Datos da árbore (2020):

  • Altura (m): 13,20
  • Perímetro normal (m): 9,23
  • Diámetro de copa (m): 10,30
  • Idade estimada: 300 anos

Información e contacto

Enderezo

Armariz (San Cristovo)

Nogueira de Ramuín

Ourense

Accesibilidade

En coche
En bicicleta
Cómo chegar Cómo chegar