
Galería
Castro de Penadominga

O castro de Penadominga, construído sobre un esporón de xisto, comparte unha estrutura idéntica a moitos emprazamentos desta comarca.
Esta datado entre os séculos IV e V despois de Cristoe a súa superficie atópase distribuida sobre dous espazos: o residencial, ao oeste, e o sistema defensivo, ao leste.
Para chegar ao castro é preciso camiñar, por un sendeiro sinalizado, aproximadamente 6 quilómetros desde o pobo de Bendollo. Recoméndase consultar o estado dos accesos co Concello de Quiroga (982 42 80 01) ou coa Oficina de Turismo de Quiroga (982 435 125).
Castro de Penadominga
Información e contacto

Quiroga
Lugo