

Cenobio de Seoane Vello

O 21 de agosto de 1124 Dona Teresa de Portugal firma un documento no que lle concede ao abade Arnaldo e os seus monxes beneditinos que con el estaban no lugar de ROVOYRA SACRATA, permiso para fundar un mosteiro.
Polo tanto, esta denominación da que se deriva o nome actual Ribeira Sacra, parece indicar o lugar onde se asentaba o Cenobio de Seoane Vello, xa que este documento indica que os monxes xa vivían nese lugar. Será a partir dese momento cando se constrúa e se trasladen a Santa María de Montederramo.
A pesar de que durante moito tempo se relacionou Rovoyra con Ribeira, moi posiblemente está relacionado con “Rubus” ou sexa carballo, o carballo sagrado. De feito no escudo da casa reitoral de Seoane pódese apreciar o escudo con un carballo arrancado e os símbolos do císter (báculo, mitra e flor de lis).
Cenobio Seoane Vello
Información e contacto

Cenobio Seoane Vello, OU-536, 3, Leboreiro
Montederramo
32790 Ourense