
Centro de Interpretación Histórico e Museo da Escola

O antigo Colexio Santa Leonor vén ser algo así como o cofre da memoria histórica do lugar. Alí educouse a moitas xeracións de triveses e agora atópase reconvertido por unha banda en Centro de Interpretación Histórico Cultural e por outra Museo da Infancia e da Escola. Neste mesmo edificio alberga ademais a Biblioteca, a aula Multimedia, Sala de Exposicións e Auditorio.
Centro de Interpretación Histórico e Cultural
Preséntase éste como unha viaxe ao interior dunha montaña, pero non desde o punto de vista xeolóxico, senón histórico, cultural e social.
Consta de diferentes salas:
- Terra de lume: presenta os catro elementos. Teremos a posibilidade de escoitar a auga ou ver o lume.
- Historia: en diferentes maletas atopamos o resultado da presenza romana, dos franceses, a emigración e o progreso.
- Flora e fauna: a súa presenza vémola a través de paneis e debuxos.
- Elementos tan característicos como a néboa e a choiva tamén están presentes. - Veremos tamén a poboación onte e hoxe.
Ao final do percorrido temos a posibilidade de ver un diaporama sobre os aspectos tratados, a través da imaxe.
Museo da Infancia e da Escola
Museo de titularidade privada e gratuíto, no que poderemos observar unha ampla mostra do que foi unha escola a finais do S. XIX e principios do S. XX.
Aquí atoparemos exemplares de cómics, mariquitas, recortables, libros de texto, urbanidade, relixión, novelas, lousas, teatrillos, xoguetes, material escolar, xogos, plumas, mapas, cartabones, enciclopedias, fotos, carteiras e un longo etcétera que nos mostra o que foron as súas xentes e axúdannos a entender o que hoxe en día son.
Os visitantes poden escribir nun libro de visitas con pluma e tinta, unha experiencia nova para os nenos.
Centro de Interpretación Histórico e Museo da Escola
Información e contacto

Eumenio Ancochea, 15
A Pobra de Trives
32780 Ourense