

Conxunto arquitectónico de Parada de Montes

Nesta aldea, que se atopa nos montes do Courel, pódese apreciar a arquitectura popular de montaña, coas casas pegadas e os tellados superpostos para gardar mellor a calor e facilitar a vida en días de nevadas. Desta maneira conséguese que as estreitas rúas permanezan protexidas das inclemencias meteorolóxicas, permitindo que os veciños puidesen traballar e protexer as súas ferramentas
Cando era necesario ampliar as casas, o pouco espazo era un problema: a aldea está en terreo moi rochoso, xa que as escasas terras fértiles utilizábanse para cultivar; así que realizaban ampliacións á altura do primeiro piso, quedando as rúas case como túneles.
En Parada dos Montes encontrase a igrexa de Santa Inés levantada no ano 1895, na que destaca o seu presbiterio, de maior altura que a nave principal. No seu interior podemos ver un retablo neoclásico provinte do Convento das Clarisas de Monforte de Lemos.
Parada de Montes
Información e contacto

Parada de Montes
A Pobra de Brollón
Lugo
Equipamento e servizos

Accesibilidade

