ENIL Loio-Ruxidoira
Pola súa importancia botánica, o espazo Loio- Ruxidoira foi declarado como "Espazo Natural de Interese Local" (ENIL) no ano 2013. Está situado no concello de Paradela e abarca un total de 437 hectáreas de terreo.
A columna vertebral do ENIL Loio-Ruxidoira correspóndese co curso do río Loio, afluente do Miño, en cuxas inmediacións se conservan importantes masas forestais de especies autóctonas como carballos -algúns centenarios- e castiñeiros, ademais de bidueiros e salgueiros que conforman un bosque de ribeira en extraordinarias condicións de conservación.
Estes bosques son o lugar de refuxio de numerosas especies de fauna como ourizos, ras, morcegos, londras, comadrejas, milanos, cucos, pequenos falcóns, petirrojos, reiseñores, etc.; ata un total de 22 especies protexidas habitan neste espazo.
Non o perdas!
A mellor forma de coñecer este espazo natural é mediante a ruta de sendeirismo PR- G 14 Ruta do Loio.