
PR-G 14 Ruta do Loio

A través desta ruta lineal de sete quilómetros descenderemos polo val do río Loio. Ao longo do percorrido atravesaremos fermosas zonas de vexetación autóctona e veremos antigos muíños e ruidosas fervenzas.
Sairemos da poboación de Paradela e comezaremos descendendo por unha ladeira do val do río Loio ata chegar ao seu leito. Continuaremos avanzando salvando pequenos desniveis, veremos algún vello muíño restaurado e cruzaremos á marxe dereita do río. Máis adiante ascenderemos por unha pequena pendente a ladeira norte do val e pasaremos preto do Mosteiro de Loio. Por último continuaremos por unha pista asfaltada ata chegar a desembocadura no río Miño.
Non o perdas!
Preto do final da ruta atópase a poboación de Portomarín. Antes do ano 1962 o pobo atopábase ladeira abaixo, pero coa construción do encoro de Belesar o nivel da auga subiu e varios dos edificios foron transportados pedra a pedra ata a súa localización actual. É moi recomendable visitalo, especialmente a súa igrexa de San Xoán de Porto Marín do século X.
PR-G 14 Ruta do Loio
Equipamento e servizos



Accesibilidade

