Galería
Galería

Entroido de Budián

Festas

Na parroquia de San Romao de Acedre, o lugar de Budián era o epicentro do Entroido desta freguesía. Aquí tiña lugar o denominado Entroido de Budián, onde podíamos ver as parellas de Brancos e ao rei do Entroido, o Farranquí.

Acostumaban poñer un pano cheo de lama na entrada do lugar para avisar do comezo dos festexos. Así no día grande paseábanse as parellas de Brancos e mailos Farranquís facendo falcatruadas, por tódalas aldeas da freguesía.
Logo tiñan por costume facer pezas de teatro, que podían ser de vodas, de partos ou mesmo de partixas de fincas, todas con moitos toques de humor e surealismo.


A maiores deste Entroido de Budián, nas parroquias veciñas existía outro festexo moi parecido pero con certas diferenzas, este era o Entroido da Arribada, na parroquia de San Fiz de Cangas, que congreagaba a veciñas de Santo Andrés de Següín e Santo Estevo de Espasantes. Aló tiñamos as Damas e Cabaleiros ou Mázcaras, moi aprecidas ao Brancos. Pola contra aló tiñamos ao Meco ou Farramplán, moi semellante ao Farranquí de Budián.

No ano 1997 despois de moitos anos sen celebrarse os veciños da Arribada fixeron unha recuperación deste Entroido participando no desfile do Castro de Ferreira. 

Textos: Segredos de Pantón

Imaxes: Flora Enríquez

Entroido de Budián

Cómo chegar Cómo chegar