Galería
Galería

Esgrafiado en Pantón de Arriba (Pantón)

Esgrafiados

O obxectivo desta intervención foi a conservación e restauración dun revestimento tradicional na parroquia de Pantón, no concello de Pantón.

Primeiramente, realizouse unha diagnose onde as principais alteracións eran disgregación, escoriacións, depósitos, morteiros de cemento, colonización biolóxica, fendas e desprendementos.

A intervención consistiu na limpeza de depósitos e colonización biolóxica, consolidación das disgregacións con auga de cal, adhesión de desplacamentos recheo de fisuras e fendas, reintegración de faltas con cal aérea e protección con pintura de cal.


Actuación enmarcada no Pacto pola Paisaxe na Ribeira Sacra 2020-2022.

Esgrafiado en Pantón de Arriba (Pantón)

Cómo chegar Cómo chegar