Galería
Galería

Esgrafiado "O Camiño das Estrelas" (Rairos, A Pobra do Brollón)

Esgrafiados

Esgrafiado de nova creación con técnica tradicional, situado na antiga ferrería de Rairos (A Pobra do Brollón), no trazado do Camiño de Inverno a Santiago. Destaca a trama principal da obra, un labirinto con varias figuras representativas.

Desde a antigüidade, os labirintos tiveron unha simboloxía importante nas súas dúas versións: o labirinto de camiño único, que simboliza o camiño “recto”, o camiño da perfección e do coñecemento; e o labirinto de múltiples camiños, símbolo do devir, do destino non escrito…símbolo, ao fin e ao cabo, do camiño da vida.

Partindo destas dúas concepcións de labirinto, e tendo en conta a importancia do Camiño de Santiago, esta proposta establece ao peregrino como elemento representativo do conxunto da humanidade e da súa procura do coñecemento nas súas múltiples formas.

Coa intención de conxugar unha técnica tradicional como é o esgrafiado cun deseño contemporáneo, en O Camiño das Estrelas, as artistas traballaron nesta base conceptual para xerar unha composición impresionante, na que a xeometría é a principal protagonista.


Actuación enmarcada no Pacto pola Paisaxe na Ribeira Sacra 2020-2022.

Esgrafiado en Rairos (A Pobra do Brollón)

Información e contacto

Enderezo

Rairos

A Pobra do Brollón

27317 Lugo

Equipamento e servizos

De balde

Accesibilidade

En coche
En bicicleta
Cómo chegar Cómo chegar