Galería
Esgrafiado en San Lourenzo de Barxacova (Parada de Sil)
No municipio de Parada de Sil hai numerosas mostras de edificacións decoradas con encintados e con esgrafiados. Na execución séguese a técnica e a estética tradicional dos revestimentos con cal da área (en concreto, do mosteiro de San Paio de Abeleda).
Recuperación por completo dunha edificación utilizando a técnica tradicional de esgrafiado. A vivenda atópase emprazada no aparcadoiro de acceso á necrópole e capela alto medieval de San Vítor de Barxacova, unha das necrópoles medievais máis extensas do noroeste peninsular. Posiblemente un asentamento monástico, en orixe unha posesión do mosteiro de San Lourenzo de Barxacova.
Esgrafiado en San Lourenzo de Barxacova
Información e contacto
San Lourenzo de Barxacova
Parada de Sil
37748 Ourense
689 863 713