Galería
Galería

Espazo de ocio na natureza Encoro de Cachamuiña

Espazos naturais

As beiras deste pequeno encoro, que abastece de auga á cidade de Ourense, preparáronse e dotáronse de infraestruturas para desfrutar do atractivo entorno natural e paisaxístico. Un paseo arredor do encoro, parque infantil, zonas de exercicios, ampios aparcamentos, xardíns e exposicións ao aire libre, convérteno nun espazo ideal para relaxarse, facer un pouco de exercicio ou simplemente recrearse.

Un lugar ideal para dar un paseo en familia, coas nosas mascotas ou facer deporte, por un camiño cómodo e chan de casi catro quilómetros de lonxitude, cuberto de vexetación atlántica e mediterránea e rodeado dunha rica e variada fauna, entre a que destacan as numerosas aves que habitan no encoro.

Conta con dous amplos aparcamentos en ambas beiras, un parque de xogos infantís, un parque de calistenia e un parque de exercicios biosaludables.

No seu percorrido tamén se pode atopar o Parque da Igualdade, en homenaxe as víctimas da violencia machista, e o Bosque dos Recordos, un espazo de arte ao aire libre con obras de Toño Monteiro, Ángeles Sioli ou Mon Devane.

 

Espacio de ocio en la naturaleza Embalse de Cachamuiña

Ver máis...

Información e contacto

Enderezo

Encoro de Cachamuiña

O Pereiro de Aguiar

Ourense

Cómo chegar Cómo chegar